23 setembro 2010

Unha cadeira misteriosa...


Nestes días os xornais nos achegan a unha nova ben curiosa... unha enorme cadeira aparece en Meira (Moaña) presidindo a fermosa panorámica sobre a ría. Os veciños están abraiados coa instalación da silla, e intrigados coa súa colocación. Tratarase dunha proposta artística? Gardará algunha mensaxe? A cuestión é que está a ter grande repercusión e a xente achégase a observala.