Amosando publicacións coa etiqueta NOVAS CURIOSAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NOVAS CURIOSAS. Amosar todas as publicacións

18 outubro 2010

O Coliseo entre chamas!


Hoxe seleccionamos este vídeo dentro das Novas Curiosas, con imaxes que ademáis de sorprendernos teñen a misión de facernos pensar.

As novas internacionais nos traen estas imaxes do gran Coliseo romano queimándose, mentres que os romanos atónitos contemplan o espectáculo, rememorando o incendio da Roma de Nerón. Esta é a proposta de dous aristas, Hilden e Díaz, para pór en primeira liña o estado de moitos dos monumentos históricos que nos rodean. Unha video instalación que acentúa a necesidade de coidar o noso patrimonio, como testemuña do noso pasado, da nosa historia.

Para saber algo máis...

Nova 1

Nova 2

Leia Mais…

23 setembro 2010

Unha cadeira misteriosa...


Nestes días os xornais nos achegan a unha nova ben curiosa... unha enorme cadeira aparece en Meira (Moaña) presidindo a fermosa panorámica sobre a ría. Os veciños están abraiados coa instalación da silla, e intrigados coa súa colocación. Tratarase dunha proposta artística? Gardará algunha mensaxe? A cuestión é que está a ter grande repercusión e a xente achégase a observala.


Leia Mais…