03 abril 2014

PIRÁMIDES DE POBOACIÓN

Traballamos no caderno:
1.ELABORA UNHA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN COS DATOS DE GALICIA. (2009)
Nesta captura de pantalla da páxina do IGE tedes os datos para realizar a actividade. 
Lembrade que os datos poden estar expresados en porcentaxes ou en datos absolutos (neste caso haberá que calcular a porcentaxe).
Cada grupo de idade * 100/ Poboación total (tedes que facer o cálculo en cada celda para homes e mulleres)


2.ELABORA UNHA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN DO TEU CONCELLO.
Non esquezas os lápices de cores!!!! 
Velaí a captura de pantalla onde están os datos da pirámide de Ourense. Fíxate en como están expresados os datos por grupo de idade, nesta ocasión non son porcentaxes! 


 Velaí un vídeo curtiño que nos amosa como facer unha pirámide de poboación!!
 A fonte dos datos que estamos a empregar nestas actividades é o IGE (Instituto Galego de Estatística). Se queres saber un pouco máis sobre a estructura da poboación, podes consultar a súa páxina web.
Hai tamén un apartado de axuda sobre as pirámides de poboación.

0 comentarios: