As reinterpretacións na Historia da Arte son algo habitual, os modelos e formas produto de xenios creadores serven como inspiración para unha nova obra. Incluso autores fundamentais como Picasso, Dalí ou Duchamp reinterpretaron obras de arte moi coñecidas como a Gioconda ou as Meninas, como estudio ou como un novo xiro dentro da proxección da propia obra de arte, ás veces descontextualizándoas, aportando un novo sentido ou como tema de referencia para a investigación.
Na primeira unidade estivemos a falar da arte Rococó, e comentamos a obra de Fragonard "O Columpio", dentro do gusto amable e doce do estilo. O tema, as cores, o detalle, o interese en captar unha escea trivial nun xardín.
Esta obra é o referente para unha obra do século XXI "O columpio despois de Fragonard" de Y. Shonibare, 2001. O artista propón unha instalación na que a protagonista do cadro continúa coa acción do xardín, poñendo énfase nos tecidos como alusión ao luxo e a frivolidade. Empregando cores vivas para remarcar o senso crítico, de tecidos tratados como unha alusión ao colonialismo e o mercantilismo, proposta para un público do mundo globalizado.
O artista tamén reinterpreta a Goya co "Sono da razón produce monstruos"
Yinka Shonibare. Les songes de la raison. O artista realiza unha serie incluindo unha versión para cada un dos cinco continentes, a modo de tableau vivant. Abaixo: Les songes de la raison produisent ils des monstres en Europe?





0 comentarios:
Publicar un comentario