XOGO OS DADOS DA VIDA
MATERIAIS SOBRE A PAZ. ÉTICA 4º ESO
O GRAN DITADOR de Charles Chaplin é un filme que foi realizado en 1940, durante o desenvolemento da II Guerra Mundial. É unha crítica valente do seu director ao totalitarismo e nazismo, reflexando un contexto de guerra e deshumanización. A película remata cun fermoso discurso do protagonista que se fai pasar polo ditador de Tomainia, que constitúe un alegato pola paz, a democracia e os valores humanos.
Cancións que nos falan de Paz...
Blowing in the wind é unha canción composta por Bob Dylan no ano 1963, tamén nos fala sobre a paz e a libertade.Convertiuse dun dos exemplos máis populares da canción protesta reflexando os cambios que se estaban a vivir na década dos 60. Velaí unha versión con subtítulos...
EXPO EN IMS : ZANELE-MUHOLI , "Beleza Valente"
Hai 10 meses


0 comentarios:
Publicar un comentario