Velaí unha animación en 3D musicada para ver doutra maneira O Guernica de Picasso..
Este cadro foi realizado por Pablo Picasso no ano 1937, durante a Guerra Civil española, despois de coñecer o tráxico bombardeo sobre a poboación civil de Guernika. O autor escolleu a escala de grises para plasmar e denunciar a crueldade da guerra no Pavillón Español na Exposición Universal de París do ano 37, posto que coñecera as atrocidades da masacre polas imaxes da prensa francesa, . Co estalido da II Guerra Mundial o autor decide enviar a norteamérica o cadro, permanecendo no MoMA de N.Y. ate retornar a España no ano 1981. Para saber máis.... Visita a páxina do Museo Reina Sofía onde esta a obra.
Para investigar un pouco sobre os símbolos que aparecen no Guernica...
0 comentarios:
Publicar un comentario