1) ELABORA UNHA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN DO TEU CONCELLO.
Non esquezas os lápices de cores!!!!
Velaí a captura de pantalla onde están os datos da pirámide de O Saviñao. Fíxate en como están expresados os datos por grupo de idade, nesta ocasión non son porcentaxes!
- Despois indicade en que xeración estades vos!!
- Que forma ten a pirámide? (consulta o teu libro páxs. 244-245)
Aquí tendes un vídeo curtiño que nos amosa como facer unha pirámide de poboación!!
A fonte dos datos que estamos a empregar nestas actividades é o IGE (Instituto Galego de Estatística). Se queres saber un pouco máis sobre a estructura da poboación, podes consultar a súa páxina web. PARA SABER MÁIS CONSULTA O TEU LIBRO DE TEXTO NAS PÁXINAS 244-245
2)Visualiza o vídeo... Os movementos da poboación...Emigración
Explica no teu caderno:
1.Que é a MIGRACIÓN?
2.Cara onde se dirixían os emigrantes galegos?
3.Escoller unha opción:
A) Realiza un esquema sobre os diferentes tipos de migración.
B) Que destacarías do fragmento do vídeo sobre a emigración en Galicia?


0 comentarios:
Publicar un comentario