08 xuño 2017

Definicións O Réxime Franquista

DITADURA
Sistema político no que unha persoa ou un grupo concentra todos os poderes do Estado. Nas ditaduras non adoitan respectarse os dereitos humanos e, se existen eleccións, habitualmente estan limitadas ou manipuladas.
MAQUIS 
O nome co que se coñece aos grupos guerrilleiros que loitaron contra o réxime franquista ate comezos da década dos 50. Movíanse por zonas illadas de montaña.
DEMOCRACIA ORGÁNICA
Autodenominación da ditadura franquista tralo fin do illamento e o abandono do fascismo.
PLAN DE ESTABILIZACIÓN 
Decreto lei de 1959 que recolle diversas medidas como a eliminación das vantaxes fiscais ás empresas públicas, redución do gasto públicos, devaloración da moeda (peseta) para estimular investimentos e comercio.
TECNÓCRATAS
Membros do goberno franquista vinculados ao grupo católico Opus Dei, que aplicaron criterios técnicos para o desevolvemento da economía española.
NODO
Noticiario documental que se proxectaba nos cines con fin propagandístico dos éxitos do réxime e exaltación da figura de Franco.
CENSURA
Control do contidos nos  medios, obras artísticas, literarias e espectáculos por parte do réxime. A supervisión e cambios estaban supervisados polo censor. Prohibíase a proxeción de certas películas e cortábanse as esceas consideradas como inapropiadas.
DESARROLLISMO
Período de crecemento económico que se produciu en España na década dos 60, que supuxo unha mellora do nivel de vida de grande parte dos españois.
ESTRAPERLO
Mercado negro.






0 comentarios: