04 xuño 2018

Conceptos 4ºESO

DITADURA
Sistema político no que unha persoa ou un grupo concentra todos os poderes do Estado. Nas ditaduras non adoitan respectarse os dereitos humanos e, se existen eleccións, habitualmente estan limitadas ou manipuladas.
MAQUIS 
O nome co que se coñece aos grupos guerrilleiros que loitaron contra o réxime franquista ate comezos da década dos 50. Movíanse por zonas illadas de montaña.
NODO
Noticiario documental que se proxectaba nos cines con fin propagandístico dos éxitos do réxime e exaltación da figura de Franco.
CENSURA
Control do contidos nos  medios, obras artísticas, literarias e espectáculos por parte do réxime. A supervisión e cambios estaban supervisados polo censor. Prohibíase a proxeción de certas películas e cortábanse as esceas consideradas como inapropiadas.
ESTRAPERLO
Mercado negro.
BRIGADAS INTERNACIONAIS
Uns 60.000 voluntarios procedentes de diferentes nacións que viñeron a loitar a España na Guerra Civil contra o fascismo, apoiando ao bando republicano.
PASEOS
Denominábase así á represión exercida durante a Guerra Civil, que consistía en secuestrar a vítimas para despois asasinalas en lugares afastados e cunetas.
AUTARQUÍA
Política económica efectuada durante o franquismo a consecuencia da situación de carestía e illamento internacional, que buscaba a autosuficiencia do país cun forte intervencionismo estatal.
MARCHA VERDE
Marcha organizada polo rei de Marrocos en outubro de 1975, composta por uns 200.000 marroquís, coa que pretendía ocupar o territorio do Sáhara. O Consello de Seguridade da ONU pediu a Marrocos o seu retorno e pouco despois España acorda abandonar o Sáhara.
SECCIÓN FEMENINA
Organización de Falanxe Española e das XONS, fundada en 1934 por Pilar Primo de Rivera, orientada á instrucción das mulleres dacordo os principios do sistema franquista.

0 comentarios: